lunes, 9 de junio de 2008

Dereitos humanos e pobreza.

As persoas pobres disfrutan de moitos menos dereitos humanos que outras persoas que non o son e esto fai máis difícil saír da pobreza.
Nalgúns casos, os dereitos néganse aos pobre. Por exemplo, cando algún funcionario impide o acceso a un determinado servizo público sen o pago previo dun suborno. Os pobres carecen de dereitos, non poden ser propietarios.
As Nacións Unidas e outras organizacións traballan no desarrolo económico desde o punto dos dereitos humanos.
Os nexos entre pobreza e dereitos non son evidentes para quen non vive nela. A xente pobre a miúdo fala da impotencia e falta de dereitos.
A capacidade das mulleres para responder ás violacións dos dereitos humanos como agresións ou outras formas de violencia intrafamiliar, é limitada porque non coñecen os dereitos e carecen de existencia legal.
A xente pobre quere ser dona das súas terras para gañarse a vida. Esta falta de seguridade haina no sur de Asia. Millóns de persoas viven da explotación das terras agrícolas que non son da súa propiedade

No hay comentarios: